11/25/2007

Primeira Asemblea

O Club de Tenis Cambados celebrará a súa primeira asemblea ordinaria o vindeiro Sábado 1 de Nadal de 2007 ás 17:30 horas no Salón de Plenos do Centro Comarcal do Salnés (Cambados), coa seguinte orde do día:

-Presentación da directiva

-Estado actual da Tesorería, Subvencións (Concello, Deputación...)

-Aprobación das cuotas anuais de socios, vantaxes nas actividades, clases, etc...

-Alta do clube da RFET (Real Federación Española de Tenis)

-Actividades 2008 (Liga de Inverno, Capionato Galego de Interclubs, Torneo Albariño, Torneo 24 horas,etc...)

-Solicitude da utilización das instalacións municipais do Pombal.

-Propostas, Rogos e Preguntas

11/10/2007

Lotería de Nadal



O Club de Tenis Cambados tamén está a vender lotería de Nadal para recaudar fondos. O seu prezo é de cinco euros, e xogas dous números (un euro é de donativo). Fala con alguén do Club para mercarlla ou escrebe a teniscambados@gmail.com, o noso enderezo electrónico.

11/04/2007

Torneo 24 horas de Tenis






Esta foi a primeira actividade organizada polo Club de Tenis de Cambados. Celebrouse nas Pistas d'O Pombal durante o sábado 29 de Setembro de 2007 e contou coa participación dunhas 50 persoas.






Finalmente, os gañadores foron Sergio Redondo na categoría masculina e Aída Martínez na categoría feminina. Os segundos postos foron acadados por Gustavo Rey e Marta Fernández, nas respectivas modalidades.